An Alfaya

Alfaya Bernárdez, María de los Ángeles
Vigo, 1964
An Alfaya

Vigo, 1964. Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo. Ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas.