Anibal Malvar

Calvo Malvar, Anibal
A Coruña, 1964
Anibal Malvar

Aníbal C. Malvar (Aníbal Calvo Malvar) (A Coruña, 1964) xornalista.  Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Soño do violinista (1990), libro de relatos e poemas; Un home que xaceu aquí (1993), novela; A man dereita (1994), novela; Unha noite con Carla (Xerais 1995), novela, Premio Xerais 1995; e Á de mosca (Xerais 1998), novela. Como guionista de cómic e en colaboración con Rober G. Méndez ten publicado A irmandade dos lectores tristes (1994) Flores desde Hiroshima (Xerais 1995) No nome da amada morta (Xerais 1996) e A maldición dos Velasco (Xerais 1999).