Borrazás Fariña, Xurxo

Borrazás Fariña, Xurxo
Carballo, 1963
Borrazás Fariña, Xurxo

Xurxo Borrazas Fariña naceu en Carballo o 6 de agosto de 1963. É licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de inglés nun instituto de ensino público en Vigo, cidade na que reside, desde 1990. Trátase dun dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega aparecida na última década do século XX. A súa producción literaria comprende as seguintes novelas: Cabeza de chorlito (Sotelo Blanco,1991); Criminal (Sotelo Blanco,1994. Premio da Crítica Española, 1994 e Premio Arcebispo San Clemente, 1995);  Eu é (Sotelo Blanco,1996); Na maleta (Sotelo Blanco, 2000. Premio Antón Losada Diéguez, 2001); Pensamentos impuros (Xerais, 2002); Ser ou non (Galaxia, 2014) ou Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008). Tamén é autor dos relatos Contos malvados (Xerais,1998) e Covalladas. Prosa Vertical (Galaxia, 2010), así como da miscelánea O desintegrista (Xerais,1999). É, ademais, autor do ensaio Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida (Galaxia, 2007. Premio da Crítica de Galiza, 2008, na categoría de Ensaio e Pensamento).

Ten colaborado en numerosas obras colectivas e é tradutor para o galego de textos científico-divulgativos, así como de obras de autores como Henry Miller (Trópico de Cáncer. Galaxia, 2006) ou Willian Faulkner (O Ruído e a Furia. Galaxia, 2008), ademais de participar en diversos medios de comunicación en calidade de articulista, contribuíndo coa súa opinión ao acervo xornalístico galego. 

FOTOGRAFÍAS