Dato Muruais, Filomena

Dato Muruais, Filomena
1856 - 1856
Dato Muruais, Filomena

Filomena Dato Muruais naceu en Ourense no ano 1856. Nesta cidade colaborou co movimento literario que naquela altura encabezaba Lamas Carvajal en Barbaña.
Foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra na nosa lingua, senón tamén pola súa faceta como oradora en varios foros en defensa das mulleres. Galiza e a muller son temas recorrentes na obra da autora ourensá.
A súa carreira literaria comezou en 1891 coa publicación do libro Follatos. Trátase dun conxunto de corenta e cinco poemas, integramente en galego, dedicados á Infanta Sabela Francisca de Borbón. Esta obra comeza co texto "Defensa das mulleres"—exactamente o mesmo título que o Discurso XVI do Teatro Crítico e Universal (1726-1740) do P. Feixoo—, onde a autora desmonta os tópicos máis frecuentes na súa época sobre as mulleres, recorrendo a figuras como María Pita ou Rosalía de Castro. En 1887 gañou con esta composición o certame de poesía 'Cidade de Ourense' na honra do Padre Feixóo.
Colaborou en diversos xornais como El Heraldo Gallego, Galicia recreativa ou o Álbum literario, onde atopamos numerosas composicións da autora.
En 1906 Filomena Dato ingresou na Real Academia Galega como membro correspondente.
Os últimos anos da súa vida morou na Coruña, onde morreu o 27 de Febreiro de 1926.

FOTOGRAFÍAS
Obras
Follatos (1891)