Rafael Lema

Lema Mouzo, Rafael
Ponte do Porto. Camariñas, 1967
Rafael Lema

Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias Ambientais, diplomado en Imaxe e Son e Filoloxía. Exerceu diversos traballos como redactor en xornais e radios galegas, realizando o seu labor xornalístico actualmente para Diario de Bergantiños-El Ideal Gallego e Punto Radio. É presidente do colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte e do centro de estudios Blas Espín de Camariñas. Ademáis de varios premios a nivel nacional como investigador do patrimonio (fundación Cacique Orinoco), como poeta gañou os premios Espiral Maior, Concello de Carral e o accésit do Esquío no ano 2000 e 2005. Ten dez libros publicados, entre novelas e poesía, e dúas novelas máis a punto de editarse.

Entre as súas obras destacan:

Novelas: Flores Negras, Capitán Araña (ambas en Sotelo Blanco). Mareas Negras, O Club do Corvo Mariño (ambas en Edelvives).

En poesía: Cemiterio das Gaivotas, Atlántida (ambas en Espiral Maior). Luces de N. Y. e Sete vagas ( colección Esquío de poesía).