Rodríguez Ruibal, Euloxio

Rodríguez Ruibal, Euloxio
1945
Rodríguez Ruibal, Euloxio

EULOXIO R. RUIBAL (Ordes, Coruña, 16 de marzo de 1945). Escritor e galerista. Dende neno reside en Compostela, onde na actualidade rexenta unha galería de arte. Ten participado en diversos congresos e mesas redondas. Asimesmo, formou parte de numerosos xurados de concursos literarios ou artísticos, e colaborou en revistas especializadas (Grial, Ensaio, Assaig de Teatre, Acotaciones, etc.) e en grande parte da prensa de Galicia. É co-director de Citania, revista de estudios artísticos e literarios.

[Febreiro, 2002]