Torres Fernández, Xohana

Torres Fernández, Xohana
Santiago de Compostela, 1931 - Vigo, 2017
Torres Fernández, Xohana

Xohana Torres naceu en Santiago de Compostela en 1931. Viviu a súa infancia en Ferrol, cidade á que se mantén afectivamente vinculada e onde, como discípula de Ricardo Carvalho Calero, entrou en contacto co mundo do teatro. Reside en Vigo, escenario en que se desenvolve a súa única novela Adiós, María (1970).
Poeta, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da dictadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.
Como poeta está integrada na denominada "Xeración das Festas Minervais"; como escritora dramática no "Grupo de Enlace " e, como narradora, os críticos discuten se a súa preciosa novela forma parte ou non da "Nova Narrativa".
Sexa como for, e fóra de calquera etiquetaxe clasificatoria, a obra de Xohana Torres é dunha calidade indiscutíbel, calidade recoñecida co Premio da Crítica, en 1980, polo poemario Estacións ao mar.

FOTOGRAFÍAS