Villar, Domingo

Villar, Domingo
Vigo, 1971
Villar, Domingo

Vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.

Premio "autor do ano 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola novela A praia dos afogados.