Xosé Ramón Pena

Pena, Xosé Ramón
Betanzos, 1956
Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é  autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como "Literatura galega medieval" (1992), "Manuel Antonio e a vangarda" (1996), "Xograres do mar de Vigo" (Xerais, 1998), "Historia da literatura medieval galego-portuguesa" (2002) e "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (Xerais, 2017). Pola monumental "Historia da literatura galega" (Xerais 2013, 2014 e 2016) mereceu o premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio e Investigación 2014, o Premio da Crítica Galicia de Investigación 2015 e o Premio Losada Diéguez de Investigación 2017.Como narrador publicou: "O reverso do espello" (Xerais, 1984), "Para despois do adeus" (Premio Xerais, 1987), "Paixóns privadas" (Xerais, 1991), "A era de Acuario" (Xerais, 1997), "Fado de princesa" (2005), "A batalla do paraíso triste" (Xerais, 2008) e "Como en Alxeria" (Xerais, 2012). Asesor literario do suplemento “Faro da Cultura” e columnista do "Faro de Vigo", son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: "Na noite estrelecida" (Xerais, 1988), "Da terra asoballada" (Xerais, 1989), "No desterro" (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, de Ramón Cabanillas. "Poesía galega completa" (Xerais, 2009).