A Etapa Contemporánea III
Os premios
Premio San Clemente

O Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente ten a intención de converter ao alumnado de Bacharelato en protagonistas á hora de conceder un premio literario, xa que o xurado deste Premio está composto por estudantes de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro de Santiago e de catro institutos máis de Galicia, escollidos por sorteo. Nisto consiste a novidade do premio, pois xeralmente a xente moza é a esquecida dos xurados literarios, e pode ter uns gustos e unhas e opinións moi diferentes que non debemos ignorar. Preténdese tamén, nun momento de gran predominio do audiovisual, colaborar na promoción da lectura entre os máis novos, por ser este un dos problemas máis importantes que atopamos todos os días na formación da xuventude.
O Premio presenta tres modalidades, Novela galega, Novela en castelán e Novela estranxeira, e galardoa a mellor novela do ano en cada modalidade.

1995.- Suso de Toro , Tic-tac
1996.-  Xurxo Borrazás , Criminal
1997.-  Miguel Anxo Murado , Ruído
          ( ex aequo).- Anibal Malvar , Unha noite con Carla
1999.-  Gonzalo Navaza , Erros e Tánatos
1999.-  Manuel Rivas , O lapis do carpinteiro
2001.-  Xelís de Toro , Os saltimbanquis no paraíso
2003.-  Bento da Cruz , A loba
2003.- Marilar Aleixandre , Teoría do Caos
2004.- Rosa Aneiros , Resistencia
2005.- Pilar Buela , Ácaros verdes
2006.- Teresa Moure , A xeira das árbores
2007.- Isidro Novo , Un escuro rumor tralo silencio
2009.- María Reimóndez , O club da calceta
2009.- Anxos Sumai , Así nacen as baleas
2010.- Inma López Silva , Memoria de cidades sen luz
2011.- An Alfaya , Areaquente
2012.- Xulia Alonso , Futuro imperfecto
2013.- Xavier Queipo , Extramunde
2014.- Pedro Feijoo , Os fillos do mar
2015.- Carlos Reigosa , A vitoria do perdedor
2016.- Pedro Feijoo , A memoria da choiva