A Etapa Contemporánea (S. XIX)
A poesía e o teatro interseculares
A Ponte, de Manuel Lugrís Freire

Esta peza vai precedida por unha "Nota do autor" en que, entre outras cousas, podemos ler: "Sendo contemporánea a acción d'este drama, quixen que os personaxes falasen como agora se fala, e non como se viviran no sigro XV. Pol-o mesmo vinme obrigado á usar algúns castellanismos propios do lenguaxe das Mariñas..."

Lugrís Freire retratado en diferentes etapas da súa vida.

Destas palabras parece deducirse que a obra nace para ser representada. O que significa que, a diferencia da práctica totalidade das pezas ramáticas que a precederon, A Ponte foi pensada e concibida como teatro e non como literatura dramática.

Con A Ponte , Lugrís inaugura o drama galego en prosa, o que pode supor, para un honre que cultivou a poesía, un intento de facer un teatro menos retórico, menos literario e, como consecuencia, máis comprensíbel polo grande público. Pretensión absolutamente lóxica para quen aspira a oferecer un produto artístico de corte didáctico e apoloxético.

Pedro, protagonista da obra, toma, ao xeito rosaliano, "a xustiza pola man", realizando un acto liberador que ten un carácter colectivo e que trascende, en consecuencia, o simplesmente individual. Nese aspecto, tanto el como o Vinculeiro encarnan dous modelos sociais antagónicos en estado de loita máis ou menos latente.

Antón, na III escena do acto primeiro, dille a Sabela:

"Todol-os vinculeiros, que asoballan a nosa terra, que viven do noso traballo, que trafican co'a xusticia, son os que nos empuxan pra que pasemos pol-a ponte que separa o mundo da tirania do mundo da libertá, da igualdá, da verdadeira redención".

A solución final que dá Lugrís ao seu drama debeu resultar excesivamente radical para un determinado sector do público da época, segundo se desprende da leitura de determinadas críticas publicadas na prensa daqueles anos.

Mesmo algúns dos seus compañeiros de filas, como é o caso de Galo Salinas, non agachan os seus reparos a unha obra "de un corte esencialmente socialista" que "tiene bellezas muy dignas de ser aplaudidas y atrevimientos merecedores de ser discutidos".

A crítica de Salinas a que nos estamos a referir, publicada no número 454, de 29 de Novembro de 1903, da Revista Gallega ,resulta moi elocuente porque, entre outras cousas, pon de manifesto as rotundas diferencias ideolóxicas que, en cuestións elementais, existían entre os membros do movemento Rexionalista.

Vexamos algúns parágrafos:

"El drama de Lugrís está bien hecho, bien hablado, bien pensado y reproduce admirablemente las ideas de su autor; pero por lo mismo que éste pretende hacer de su ficción dramática éxodo de doctrina universal, tiene por necesidad que hallar resistencia entre los que como él no piensan, entre los que creen que, por las concesiones hechas al trabajador en el actual estado social, ya no obreros que redimir, que ya saellos oficiar de redentores sin requerimientos de los Dicenta desde las tablas de un escenario y de los Cutanda en los lienzos pictóricos; bástanles para ello la prensa apasionada y sectaria, las huelgas y los mitins de propaganda.

Y, ya argumentando con el calor de la discusión, hay quien nota en "A Ponte" coincidencias con "Juan José" y no faltan quienes objetan que Lugrís, exagerando para que mejor se destaque su pensamiento, retrograda la acción de su obra por lo menos en un cuarto de siglo, supuesto que los canteros si entonces ganaban lo siete reales diarios como dice Antón, hoy ganan lo doble, por lo que su posición es más desahogada que, por ejemplo, la del empleado que percibe lo mismo y tiene mayores obligaciones sociales; arguyen asimismo, que al presente no están los hospitales tan desamparados, pues la caridad y la higiene han mejorado en grado supremo las condiciones de aquellos establecimientos de beneficencia, hallando en ellos los desgraciados comodidades que no tienen en sus casas: en ésto no merece reproches la actual sociedad cual los que alguna escena del drama se le dirigen (...)

Se concibe, siguen diciendo, el disculpable arrebato de Pedro matando en el puente al Vinculeiro que pretendía ultrajar á la mujer de aquél, pero ¿cómo Antón, testigo mudo de esta escena, no se interpone para impedir la consumación del delito que ya había intentado evitar?, ¿cómo Anxela no dió voces hasta que acudiese la gente que estaba en la iglesia, pues su marido con el acto que cometía volvía a la cárcel que tanto terror le inspiraba?

¿No hubiera sido mejor desenlace para la tranquilidad de Pedro que el Vinculeiro perseguido se despeñase por el precipicio?"

Esta crítica, que constitúe toda unha declaración de principios por parte do seu autor, demostra o malestar que, sen dúbida, debeu provocar no minguado círculo dos Rexionalistas coruñeses algunha das teses defendidas por Manuel Lugrís Freire na súa primeira experiencia dramática.

Manuel Lugrís Freire nunha caricatura de Cebreiro.

Nesta reseña crítica latexa un claro intento de "desmarcarse" duns posicionamentos considerados excesivamente radicais e de feituras sospeitosamente "socialistas".

Tendo en conta que o destinatario último desta crítica era un correlixionario, é doado supor que os termos e argumentos que ríela se esgrimen deberon ser previamente discutidos entre algúns dos máis singnificados integrantes do movemento Rexionalista local, na práctica reducido xa aos contertulios da " Cova Céltica ". E aínda que asinada por Galo Salinas, é moi probábel que, polo menos, Carré Aldao aportase algunhas das ideas e conceptos que nela se manifestan.

A alusión que se fai a Dicenta, e ao seu Juan José non é, por suposto, gratuíta, e ten unhas connotacións claramente pexorativas. Vexamos, senón, unha reseña teatral, presumibelmente da autoría de Galo Salinas, aínda que asinada por un tal Orsino, que aparece no número 455 de Revista Gallega ,o día 6 de Nadal do ano 1903, e que debemos contemplar como complemento da crítica anterior:

"¿Pero no hay más asuntos ni otros temas que los propuestos para desarrollar en las producciones escénicas?

Dicenta y Galdós, y algunos imitadores suyos —no siempre felices— dicen que nó... que no les conviene a su negocio hallar otros...

(...) Creación que no hace sentir; fábula que despierta el odio y poniendo al hombre frenta al hombre le dice: éste no es tu hermano, éste es tu enemigo y tú y él sois, respectivamente el uno el lobo del otro, son merecedoras de que á su alrededor se haga el vacio, porque desnudan al alma de toda nobleza y al corazón de todo amor puro, grande y elevado (...).

Abierto tienen el campo los dramaturgos del día, pero ¡por Dios!, por los ya desacreditados, basta de problemas, basta de símbolos, basta de tesis, basta de latas, porque si el modernismo tiende á perturbarlo todo, antes que nos volvamos locos de remate y pongamos un dique á este desbordamiento, respiremos después de tanto sopor, repongámonos del enervante cansancio... Ilustremos, no enardezcamos".

A natureza deste artigo só se xustifica, na nosa opinión, como unha réplica indirecta ás teses defendidas en A Ponte ,e debemos entendela, polo tanto, como un complemento da reseña anterior, xa que todo parece indicar que Lugrís Freire figuraba entre os "infelices imitadores" de Galdós e Dicenta.

Cremos que nos "excesos" de Lugrís Freire radican unha boa parte dos conflitos vividos no seo da Escola Rexional de Declamación , e que eses "excesos", habilmente manipulados e distorsionados, serviron para desviar o problema ideolóxico de fondo e culpar a Lugrís dunha monopolización do mencionado grupo artístico.

A "revolucionaria" doutrina social que impregna obras tan "escandalosas" como o Juan José ,de Dicenta, está practicamente inspirada nas teses do Papa León XIII e na súa encíclica Rerum Novarum ,tamén chamada no seu tempo "carta magna das reivindicacións proletarias".

Nas obras de Lugrís Freire observase unha forte pegada dalgúns dos conceptos máis tópicos do pensamento de León XIII. Concretamente, a idea de que "a caridade e o amor cristián poden ser a base do entendemento entre obreiros e patróns" latexa nalgúns dos seus dramas.

Nesta primeira entrega dramática de Lugrís Freire achamos, con lixeiras variantes, todas as constantes que caracterizan e definen o seu teatro. Un teatro presidido, digámolo máis unha vez, polo afán moralizador, apoloxético, didáctico e propagandístico.

Cremos, sen embargo, que no teatro deste autor non se pretende tanto espallar unha ideoloxía concreta — pretensión que será máis evidente en determinados autores das Irmandades— como sinalar ou denunciar a situación de inxustiza que están a padecer algúns dos sectores sociais máis desfavorecidos do país.

En primeiro termo, os campesiños e mariñeiros do teatro de Lugrís Freire aparecen como depositarios das mellores e máis relevantes cualidades da nación galega, quer dicir, da lingua, da tradición e dos costumes, afortunadamente non adulterados aínda polas modas e hábitos alleos.

En segundo termo, Lugrís parece preconizar —de acordo co sentir dos Rexionalistas— que a unión de todos os galegos, por riba de diferencias de clases e dogmas, constitúe o carriño máis axeitado para superar os diferentes atrancos que impiden o pleno desenvolvemento do país.

Tanto a bondade como a maldade —así, en abstracto— aparecen encarnadas, en estado quimicamente puro, polas distintas personaxes da obra. Os bons son moi bons e os malvados moi malvados. En consecuencia, as condutas hai que xulgalas e comprendelas de xeito individual. Se ben a maldade do cacique, de todos os caciques, está, ademais, respaldada e protexida por unha situación política inxusta que lle garante a total impunidade para todas as arbitrariedades que poida cometer e que, de feito, comete. Aínda que tamén existe outra clase de señores, representados na obra por don Rafael. Esta personaxe é aludida varias veces na peza, mais non se chega a coñecer fisicamente; é o "señor" que tirou a Pedro do cárcere e que comprende e se solidariza coas desgracias e humillacións dos oprimidos.

Os políticos son aludidos despectivamente, pero non pola súa condición de tal, senón pola súa dependencia e polo servilismo que amosan "con Madrí", símbolo dese centralismo a que os Rexionalistas culpan da situación de atraso que padece Galiza.

Os campesiños, en quen, insistimos, están depositadas as esencias da alma galega, encarnan todas as virtudes patrias e non patrias, até case que anxelicais.

Pedro, por exemplo, é un home honrado, traballador, solidario e amante da muller e dos fillos. Cristián convencido, todo o que para el ultrapasa o seu particular esquema de conduta evanxélica é dificilmente comprensíbel. Por iso, na moral cristiá acha a medida de todas as cousas e mesmo a solución dos seus problemas.

Lugrís Freire cops seus fillos, Secundino e Manuel.

Ánxela encarna o ideal cristián da muller: temerosa de Deus, prudente, fiel, amante da familia, discreta e honrada até o paroxismo. E, aínda que o prezo da súa honra supoña a miseria e a fame para toda a familia, era nunca se cuestiona, sequer, a idea de ceder diante das pretensións do Vinculeiro. Fronte á súa desgracia só tonta coa axuda de Deus, e nel confía cegamente.

Antón representa o espírito liberal, inconformista, xeneroso e rebelde. Acredita na solidariedade e na xustiza, e considera que as supersticións son unha das causas que provocan o atraso que padece Galiza. É cristián, pero a súa é unha visión "progresista" do cristianismo, porque non é en absoluto unha visión estática senón dinámica. O contacto coa cidade foi definitivo para que as ideas de Antón se decantasen e para que se liberase de todas as supersticións, falsas ataduras e convencionalismos que oprimen os nosos labregos. Porque, se no campo están os homes e mulleres en que se conservan as verdadeiras esencias de Galiza, é da cidade, parece ser, de onde deben emanar as ideas liberadoras e redencionistas para o noso pobo.

O ideal rexionalista só triunfará, parece pensar Lugrís Freire, o día en que en Galiza se multipliquen os mozos como Antón.

IMAXES