A Etapa Contemporánea (S. XIX)
A crise finisecular. A narrativa de López Ferreiro
Antonio López Ferreiro. Breve Noticia Biográfica

Antonio López Ferreiro , unha das personalidades máis interesantes e prolíficas do século XIX galego, naceu en Santiago de Compostela o ano 1837. No Seminario desta cidade cursa os seus primeiros estudios, que continúa despois na Universidade. Unha vez finalizada esta etapa, trasládase a Madrid para ampliar coñecementos de Teoloxía e matricularse na Escola Superior de Diplomática, onde obtén o título de Arquiveiro Bibliotecario e se inicia na transcrición de documentos, publicando os seus primeiros artigos de investigación no boletín oficial do Arcebispado de Santiago durante os anos 1865-1866. Volve a Galicia este mesmo ano como párroco rural, o que non lle impide continuar o seu traballo intelectual no campo da historia, á vez que torna parte activa, desde unha posición claramente católico-tradicionalista, en debates sobre cuestións de política social como era, por exemplo, a lei de matrimonio civil.

Un retrato de López Ferreiro, autor, no 1895, de  Fueros municipales de Santiago y de su tierra.

No 1871 é nomeado coengo da Sé compostelá, o que constituirá un fito importante na súa actividade intelectual, por canto a súa incorporación á vida capitular lle permite o acceso directo á masa documental do arquivo catedralicio. Esta situación privilexiada, unida á súa formación científica e a unha extraordinaria capacidade de traballo, explican o rigor e a intensidade dos seus estudios e publicacións, que reflicten agora a súa mellor fase.

Cómpre recordar tamén as súas aportacións ao campo da arqueoloxía (as investigacións arqueolóxicas na Catedral en busca das reliquias do Apóstolo, etc.) e da prosa de ficción, coa incorporación á literatura galega dun xénero inexistente ata o momento, a novela histórica.

Polo que respecta á súa ubicación ideolóxica e as súas relacións co galeguismo, cumpriría matizar algo a afirmación do profesor Ramón Máiz, para quen López Ferreiro mantén unha posición marxinal verbo do rexionalismo. Efectivamente, o coengo santiagués está ausente do movemento organizativo e dedica unha boa parte do seu traballo intelectual ao estudio da Igrexa compostelá. Pero convén ta mén non esquecer que esta m os a falar dun intelectual perfectamente consciente do papel desempeñado polos histo ri adores no desenvolvemento da conciencia galeguista; segundo as súas propias palabras "o rexionalismo (...), se ha de prosperar e se non ha de dexenerar nunha de tantas utopías, como son as que pululan en mate ri a de política, forzosamente ten que fundarse e apoiarse na tradición e nos antecedentes histó ri cos". Nestas coordenadas hai que entender proxectos como o de Galicia Histó ri ca, ou a se ri e de artigos e monografías sobre a histo ri a da cidade de Santiago, etc. Ou as súas novelas histó ri cas, esc ri tas en galego cando a penas conta con precedentes, amosando unha actitu de claramente reivinvidicadora da lingua.

Por outra parte, mantivo ao longo de toda a súa vida fortes vínculos de amizade con rexionalistas activos, entre os que cabe destacar a Martínez Salazar, arquiveiro afincado na Coruña, colaborador seu, primeiro impulsor e membro activo da " Cova Céltica ", histórica tertulia que aglutinou a intelectualidade galeguista da época e tomou o facho da actividade rexionalista cando se esfarelou o núcleo santiagués.

Aquí están os personaxes emblemáticos do galeguismo da época. Murguía, Pondal, Salvador Golpe, Galo Salinas , Martínez Salazar, Pascual Veiga, Carré, Lugrís...; e con eles, como socio fundador da Real Academia Galega no 1906, López Ferreiro.

A morte sobreveulle no 1910, en plena actividade, cando estaba corrixindo as probas do volume décimo primeiro da súa historia da Catedral compostelá.

 

IMAXES