A Etapa Contemporánea (S. XX)
A recuperación da narrativa en galego: Álvaro Cunqueiro
A recepción da narrativa galega cunqueiriana

Aínda que se teñen rastrexado algunhas composicións en prosa anteriores á guerra, o comezo da actividade narrativa de Cunqueiro na nosa lingua debemos situalo no ano 1955, coa publicación de Merlín e familia. Como sinalamos máis arriba, por aquela altura xa o escritor conseguira un certo nome na literatura galega polo seu labor como poeta.

Cunqueiro, en Cambados, nunha festa do Albariño.

A aparición do Merlín tivo lugar dentro daquel ambiente de recuperación dunha identidade propia, na súa liria culturalista, creado polos homes de Galaxia. Cunqueiro introduciu na prosa galega unha das voces narrativas máis particulares. A conexión con grandes motivos da literatura universal, o seu peculiar culturalismo, a elaboración da lingua literaria e a mestura de elementos reais e marabillosos foron elementos determinantes na consolidación do escritor corno un dos renovadores da prosa galega da posguerra.

Con todo, a obra de Cunqueiro non recibiu no seu momento a atención de que era merecente, quedando eclipsada a súa calidade literaria por preconceptos, case sempre extraliterarios, como a súa actitude escapista ou o seu afastamento da realidade. Á hora de falarmos da recepción da narrativa cunqueiriana, debemos de ter en conta unha serie de elementos que actuaron como condicionantes. A seguir, intentaremos exporier aqueles que cremos fundamentais.

  1. A cuestión ideolóxica

    Cunqueiro mantivo, ao longo da súa vida, unha actitude reticente á participación na política. Por outra banda, manifestou en moitas ocasións a súa condición de antimarxista visceral. O escritor entendeu sempre o compromiso co seu país nunha dimensión exclusivamente cultural, afastándose de calquera tipo de formulación nacionalista no sentido moderno do termo. Tal actitude, xunto coa súa adhesión ideolóxica ao fascismo nos anos inmediatamente posteriores á guerra, da que xa falamos máis arriba, influíron na valoración do escritor no decorrer da nosa historia literaria.
  2. A cuestión idiomática
    Cunqueiro escribiu, como é sabido, unha importante obra en lingua castelá, elaborando, nalgúns casos, versións nesta lingua de obras escritas orixinariamente en galego. Fronte ás críticas recibidas a respecto da súa falta de compromiso coa cultura galega, o autor explicou a súa condición de escritor profesional, actividade para a que non ahondaba o cultivo das nosas letras. Por outra banda, insistiu recorrentemente na idea de que a súa lingua e a súa cultura de fondo era o galego, como se pode apreciar nas seguintes declaracións realizadas a P. Comesaña:

Eu son un escritor galego, eu son un home que pensa en galego e non creo no bilingüismo: eu sosteño que hai sempre unha lingua de fondo e a aniña lingua de fondo é o galego. Que eu teña máis ou menos facilidade para expresarme noutra lingua e que esta lingua sexa o castelán, esta é outra cuestión. Naturalmente, un escritor que pretenda vivir da pluma non pode facelo se escribe soamente na lingua galega.Mentres que unha parte da crítica denunciou a actitude cunqueiriana en relación coa doutros escritores, monolingües naquel momento, outra insistiu no seu compromiso coa lingua galega, alegando feitos como o da obrigada autotradución ao castelán —ao que alude Pilar Vázquez Cuesta—, e recorrendo sistematicamente ao argumento da súa lingua de fondo.

  1. O realismo e a cuestión do compromiso

    Foi quizais esta unha das tachas que máis minguaron, durante moito tempo, a recepción da obra do mindoniense. O mundo literario de Cunqueiro, poboado de referencias míticas e de elementos marabillosos, e recreado na arte de contar, discorreu por unhas canles que estaban á marxe das correntes literarias do seu tempo. O afastamento de calquera intento de reflectir a problemática social na súa obra, e a vontade por mergullarse deliberadamente nos mundos da ficción, valéronlle, en moitas ocasións, o cualificativo de escapista, nun momento en que se tendía a procurar na literatura un espello da realidade sociolóxica. O fragmento que reproducirnos a seguir, tomado dun artigo publicado por Carlos Casares con motivo da concesión do Premio da Crítica Galega a Os outros feirantes, parécenos sumamente ilustrativo a respecto da polémica suscitada pola valoración da obra do mindoniense. O texto data do ano 1979:

Poucas veces un escritor de tanta categoría foi tan sistemática e teimudamente denigrado como Cunqueiro durante os últimos anos. Basándose en estrañas categorías críticas de orixe político, desde algún lugar decidiuse que a obra deste narrador xenial, que mesmo nunha ocasión mereceu ser considerado pola Academia sueca como candidato ó cobizado Premio Nobel de Literatura, carecía de interese e de valor e debía ser condenado, pois así o esixía a defensa de non se sabe ben que intereses populares.

  • ​A marxinación de que acabamos de falar tivo aínda máis importancia no contexto da literatura en lingua castelá. A narrativa de Cunqueiro afastouse do prototipo de literatura do momento, que viña determinado polas pautas do que se denominou "realismo social".

    Tamén foi o afastamento de Cunqueiro a respecto dalgunhas tendencias renovadoras que estaban a xermolar no eido da narrativa, o que fraguou a imaxe dun escritor carente de modernidade. Se ben é certo que o autor mindoniense deu mostras en moitas ocasións do seu distanciamento daquelas correntes que cristalizaron, na nosa literatura, no que se coñeceu como Nova Narrativa Galega, tal consideración resulta un paradoxo se temos en conta os evidentes trazos de modernidade (o tratamento do marabilloso, a intertextualidade, a descodificación dos xéneros, etc.), que fixeron da súa obra unha das achegas máis interesantes á narrativa de posguerra.
  1. A cuestión do xénero. A narrativa curta

    Como indicamos nalgún momento, a crítica dubidou en varias ocasións do carácter de novela dos textos cunqueirianos de narrativa longa.

    O que se coñece como triloxía de relatos curtos recibiu unha recepción particular no conxunto da obra cunqueiriana. Por unha banda, estes libros foron entendidos por unha parte da crítica como exentos do escapismo que caracterizaba as súas outras obras, e máis próximos, polo tanto, á idea de compromiso antes mencionada. Por outra banda, tamén se viu nestas obras unha maior presencia do realismo, debido tanto á súa temática como ás coordenadas espacio-temporais. O obxectivo, tantas veces reiterado polo escritor e formulado como un intento de retratar a personalidade galega, tivo, neste sentido, o seu reflexo na recepción das obras.

    Sen embargo, foi precisamente este obxectivo central do proxecto literario cunqueiriano o que motivou unha infravaloración destes libros con respecto á súa outra produción. A estrutura das unidades narrativas que conforman as obras, a presencia da descrición, e a propia temática, influíron nunha consideración deste corpus como un conxunto de retratos, cualificados por veces como costumistas ou humorísticos. A infravaloración destas obras reflíctese na escasa atención recibida desde a súa data de publicación ata hoxe. Con certa frecuencia foron ignoradas nalgúns estudios acerca da narrativa do autor de Mondoñedo.

    A fortuna crítica da prosa galega cunqueiriana foi cambiando co paso do tempo. Neste sentido, cómpre termos en conta as homenaxes que o escritor recibiu nos últimos anos da súa vida, así como o conxunto de traballos publicados, sobre a súa figura, con motivo da súa morte. Esta atención crecente cara ao escritor alcanzou o seu cume no ano 1991, ao serlle dedicado o Día das Letras Galegas . Este feito, como ven seudo habitual nos últimos anos no noso panorama cultural, xerou un considerábel número de estudios sobre a figura homenaxeada.
    Con todo, as obras de narrativa curta seguen aínda hoxe recibindo unha atención menor, que chega, nalgún caso, ao esquecemento. Das tres obras, tan só a última, Os outros feirantes, xerou unha serie de traballos cun enfoque marcadamente didáctico. A explicación deste fenómeno atópase na presencia desta obra na relación de libros de lectura obrigatoria no Curso de Orientación Universitaria.

Carvalho Calero e Cunqueiro, camiño de seren investidos doctor honoris causa  pola Universidade Compostelá.

Na recepción crítica da obra cunqueiriana vénse producindo, nos últimos anos, un fenómeno que nos parece dunha especial gravidade. O descubrimento do seu corpus narrativo deu lugar á elaboración dunha serie de estudios, os máis deles con carácter académico, fóra das nosas fronteiras. Nalgúns destes traballos pódense rastrexar toda unha serie de tópicos a propósito da realidade social e cultural de Galiza, froito en moitas ocasións do propio descoriecemento. Así, é frecuente atopar nestes estudios imaxes, tan reiteradas como baleiras, sobre Galiza —tal é o caso do tópico da terra meiga—, ás que se recorre como elementos fundamentais para explicar a poética cunqueiriana. Máis grave aínda nos parece o feito de botaren man, cunha certa sistematicidade, ás versións castelás que Cunqueiro elaborou sobre a súa propia obra, ignorando en ocasións que estes libros son traducións de obras escritas orixinariamente en lingua galega.

Hoxe en día, a obra de Cunqueiro tende a ser estudiada á marxe dos preconceptos extraliterarios. Recoriécese nela a manifestación dunha das voces narrativas máis importantes da literatura galega contemporánea. Aínda que a falta dunha certa perspectiva temporal nos impida facer unha avaliación da influencia de Cunqueiro na literatura posterior, podemos dicir que desde algún tempo se verien rastrexando na nosa narrativa evidentes pegadas do seu discurso narrativo, así como da súa particular concepción do feito literario.

Por outra banda, algunhas circunstancias da súa biografía, e o seu talante conversador e imaxinativo, deron lugar a un curioso e prolixo anecdotario, non exento ás veces dunha certa mitificación, que se foi incorporando progresivamente á memoria da nosa cultura.

Á marxe das correntes literarias do momento, a obra de Cunqueiro foi logrando, andando os anos, un lugar de prestixio no canon da literatura galega contemporánea, recoriecéndose, de maneira case xeneralizada, a importancia do seu labor na renovación da narrativa galega da posguerra.

IMAXES