A Etapa Contemporánea (S. XX)
O silencio interior (1940-1950)
Carvalho Calero: esplendor, resistencia e compromiso

En Carvalho Calero está personificada a coherencia dunha vida consagrada a Galiza, pola que traballou desde o seu ideal nacionalista, ese patriotismo que o paso dos anos fortaleceu. Nesa coherencia vital, distintos factores, distintas situacións persoais e sociais, marcaron inflexións na súa vida ás que dificilmente se poden establecer límites cronolóxicos precisos. Con todo, hai tres etapas ben evidentes na vida de Carvalho: a da preguerra, a da posguerra e a etapa do "último Carvalho". O "primeiro Carvalho" —activista político, nacionalista de esquerdas— non se identifica co Carvalho afastado da política activa, aínda que preocupado pola situación social, con posterioridade á guerra. Igualmente, o Carvalho que coincide (cronoloxicamente) coa ditadura de Franco, implicado na resistencia cultural artellada en torno á editorial Galaxia, está nas antípodas do "último Carvalho" situado na oposición reintegracionista.

Retrato de Mocidade de Ricardo Carvalho Calero

IMAXES