A Etapa Contemporánea (S. XX)
O ensaio histórico e económico
Conclusións

O ensaio económico galego está moi por riba do nível esperábel dado o degrau de desenvolvimento da economía galega. O noso nível de renda, o desenvolvimento da nosa industria editorial, o esforzo individual e colectivo que precisa o labor realizado neste terreo e que está en relación coa riqueza do tecido social que acompaña o traballo científico, non farían esperábel o resultado observado; de alí que sexa moi importante a valoración do producido no ensaio a respeito do país que é capaz de crialo e sostelo. Amais, aportacións científicas no campo da epistemoloxía, do estruturalismo, da análise aplicada... que gozan de recoñecimento internacional, obrígannos a unha valoración moi positiva.