A Etapa Contemporánea (S. XX)
A narrativa de Eduardo Blanco Amor: o descubrimento dun mundo conflitivo
Inicio da experiencia poética

En 1928 publicou o seu primeiro libro de poesía, Romances galegos —que coincide coa aparición do Romancero gitano de Federico García Lorca— e que posúe un caráter popularista, herdeiro dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro , e tamén da tradición castelá. Trátase de poetizar o mundo galaico, dunha cultura fundamentalmente rural, cunhas vestiduras máis requintadas e distinguidas, cunha contemplación da paisaxe poética un bocado desde fóra, árida que nalgúns poemas —"Da choiva e da malencolía", por exemplo— rebente un acento e un lirismo máis intimista e persoal.

Déixame ir pola noite, irmá Malencolía
cabaleiro dun sono esgrevio e pantasmal,
pra ser luceiro de ouro que na mourenza chía
e promisión de esprito nunha raiola astral.

Heime de ir pola noite, irmá Malencolía
pra ser nos abrentes a orballada lustral:
liña de auga de prata que no ar se desfía
do manelo da nube, i estrelece no val.

Iremos solevados nas aas da nordesía
a fitar nas fiestras do ben e máis do mal.
E antes de que se acendan os topacios do día
xa teremos finada a canzón inmortal.

En 1931 deu a coñecer Poema en catro tempos ,libro mariño, de ton elexíaco que, ao xeito de sinfonía musical en catro movementos —Adagio sostenuto

Blanco Amor, orador en Compostela, no  Día de Galicia  de 1934.

, Scherzo adagio , Presto e Andante maestoso— supón unha meditación sobre a morte, inspirada ao parecer por un feito real. O propio Blanco Amor refíreo así:

Por aquel entón fixen a miña primeira esperiencia do mar. Era un mes de novembre de moi mal tempo e embarquéime no "Norita", matrícula de Baiona, e alá fun baixo o patronato pesqueiro do tío Nartallo "O Puto", de setenta anos (...) No outro extremo do rol figuraba Pepiño, rapaz de abordo, que por ahí tería uns trece anos. Algúns dos compañeiros daquela xeira, moi poucos meses despóis, embarcados nun pesqueiro de Bouzas, morreron afogados. O poema é unha especie de estilización moi literaria daquelo, mais incapaz de encubrir cos seus artificios estéticos o latexar de cariño e de protesta que cohen dende o agoiro do que nace para a morte...

(Entrevista a Blanco Amor realizada por C. Casares e publicada no nº 41, 1973, de Grial )

A relación entre poesía e música está ben conseguida, sobre todo nos tempi adoptados. Véxase, por exemplo, a sensación de rapidez e movemento lograda no presto do poema "Temporal":

—Meia máquina! Aproa para o vento!

Os cárdenos cabalos da surada
galgan no ceo gris.

—Izade esa bacía! Andan os demos soltos!

Os trallazos dos lóstrego
fustigan ás bestas da galerna.

—Atai á maquinilla o cabo da xareta!

Ábrese o mar en turbillóns cinzosos
e renxen as coadernas cos planazos.

—Coarta sueste! Dádeme esa roda!

Os berros do patrón
afóganse na escuma alporizada.
As poutas dos curiscos
van cardando nas almas destemidas.
As borrallentas foulas atoladas
agárranse da man, adoecidas,
i en faminto remuíño
ronda sinistra bailan agoirentas.

Anterior á guerra civil é tamén a súa primeira incursión na narrativa: o capítulo "Xacob descobre o seu perfil", dun proxecto de novela intitulada A escaleira de Xacob, publicado en 1933 na revista Nós , que era "novela experimental, cosmopolita, modernizante, estética, na que non se falaba pra nada de Galicia nin había ningún personaxe galego", segundo declarou moitos anos despois a Víctor F. Freixanes. Esta actitude vangardista coincidía coa adoptada na España polos membros do 27 nesa mesma época.

En 1936 publicou un novo libro de poesía, aínda que esta vez en castelán —despois das súas estadas en España— intitulado Horizonte evadido ,un poemario amoroso, con connotacións relixiosas e musicais —"Sonata triste", "Andante cantabile", "Scherzo del estío naufragado"—, mais sempre en función dun propósito erótico. Son, na realidade, poemas de amor non correspondido nos que se advirte a pegada da tradición poética amorosa peninsular, desde as cantigas de amigo á poesía de Cernuda, pola que Blanco Amor sentía grande admiración. Véxanse estes exaltados versos de amor tomados do poema "Allegro declamatorio (Mío y ausente nombre"):

¡Ay, si yo pudiera gritar con alaridos como llamas
y saber que, por lo menos, no sería entendido;
y hundir mis manos entre las muchedumbres
y cercenarles hipócritas asombros
con mi largo verso curvo de acero
con tu nombre en el filo!

Porque sólo tu nombre
ya mueve mi nostalgia como un mar.

¡Qué sé yo de lunas azules
y qué farsas son esas del Estado y del paisaje!
Tu nombre, itinerario y guía, razón única y norma
de caminar hacia unos dóndes cualquiera
con tal de que tu nombre sea lo único
que jalone las rutas cegadas.
¡Tu nombre! Lejos como una voz que empieza en mí y ya no la tengo.
¡Tu nombre! ¿No ves que si el olvido en él me hiriese me moriría al desangrarme de no Inombre?
¡Tu nombre! Y no poder hablarle de él a nadie
para que no lo duerman, como a un niño ciego.

IMAXES