A Etapa Contemporánea (S. XX)
Literatura do exilio (II). O activismo cultural na diáspora bonaerense
Introdución

Cando temos que reunir baixo un epígrafe semellante homes tan emblemáticos, pero de traxectoria, pensamento e obra dispar, debemos matizar certos frocos para que permita este encadramento. Aínda que todos converxen en Buenos Aires, esa cidade próspera e cosmopolita que acubillou tantos centos de galegos, uns vivían alí como emigrantes antes do golpe militar franquista ( Emilio Pita ou E duardo Blanco Amor ), outros arriban en calidade de exiliados ( Luís Seoane , Lorenzo Varela ou Ramón Suárez Picallo). Os tres desterrados tiveron un pasado relacionado coas terras arxentinas: Seoane naceu en Buenos Aires, Lorenzo Varela pasou a infancia nesa cidade e Suárez Picallo emigrou con dezaoito anos á Arxentina. Tamén existe unha irregularidade manif esta canto á súa produción literaria, xa que ao lado dun corpus extenso coma o de Luís Seoane ou Blanco Amor está a obra breve, pero de gran calidade, de Lorenzo Varela. Con Emilio Pita aínda ternos pendente o recoñecemento necesario, sen esquecermos que Suárez Picallo colaborou e dinamizou a nosa cultura ata os seus derradeiros días. Aínda que existen diferencias ideolóxicas, condicionadas filosófica e vitalmente, úneos a todos a sensibilidade progresista, o activismo cultural e a política galeguista; ou o que é igual, o galeguismo , a esperanza nunha Galiza próspera, digna e respectada.

Eduardo Blanco Amor nos anos vinte.

IMAXES