A Etapa Contemporánea (S. XX)
Manuel María e o seu tempo
Introdución

Hai homes que viven unha vida. Algúns, viven moitas vidas. O noso poeta pertence ao segundo grupo: o home, o poeta, o narrador, o dramaturgo, o xornalista, o mestre, o divulgador cultural, o político, o procurador dos tribunais, o editor, o cidadán, o incansábel peregrino dos camiños da Galiza e o mundo... son un a un e todos xuntos Manuel María . Os máis notábeis e significativos acontecementos da vida galega, nos seus ámbitos social, cultural e político, desta segunda metade do século XX poden ser contados desde o miradoiro da súa traxectoria vital. Por isto, achegarse a Manuel María é achegarse íntima e paradigmaticamente á vida cultural galega deste medio século, vida da que foi e é un entusiasmado, activo e sempre disposto protagonista.

Retrato de Manuel María Fernández Teixeiro.

IMAXES