A Etapa Contemporánea (S. XX)
A prosa política na época das Irmandades
Introdución

Desde que a mediados do século XIX Galiza, en coñecida expresión de Fernández del Riego , comezou a facer problema de si mesma, nunca o seu enunciado político fora acompañado dunha solución nacionalista. A fundación das Irmandades da Fala en 1916 sinala unha dobre maduración do galeguismo, tanto porque aprofunda na definición de Galiza como nación, como porque inicia a organización do nacionalismo como movemento político. Desde aquela, o nacionalismo galego será un movemento do seu tempo e dunha proposta de futuro soberano para a súa terra. A vontade de autogoberno, como desexo de ser donos dos propios destinos, e a modernización estrutural do país, que o nacionalismo veu representar, respondían á conxuntura europea e mundial, e neste sentido, a influencia do momento histórico tivo tanta importancia para a súa comprensión coma os precedentes galeguistas aos que se referenciaba. Esta circunstancia resulta aínda fináis decisiva no caso dun nacionalismo que como o galego estivo intensamente relacionado co exterior pola poderosa influencia dos emigrantes e pola reflexión dos seus pensadores, que seguen as mudanzas do mundo e intentan, desde a súa idea da nación galega e as súas propostas políticas, vincular a Galiza co devir universal da Humanidade.

Alegoría fotográfica da prensa editada en Vigo nos anos vinte.

IMAXES