A Etapa Contemporánea (S. XX)
A narrativa de Eduardo Blanco Amor: o descubrimento dun mundo conflitivo
Mocidade Bonaerense

En Buenos Aires completou a súa gran formación humanística. Coñeceu escritores, artistas e intelectuais, fíxose xornalista, estudiou idiomas e mergullouse na vida cultural bonaerense. O propio Blanco Amor dinos sobre isto:

Imaxe de Blanco Amor en Buenos Aires.

Buenos Aires era la ciudad más ecuménicamente culta de habla castellana, no tanto como contribución cuanto como receptividad de las culturas. Un joven de mi tiempo podía ver danzar a la Paulova y a Nijinsky, dirigir a Sigfried Wagner las obras de su padre, asistir a exposiciones colectivas de los impresionistas franceses y las conferencias de Clemenceau y el Ortega treintañero; asistir al teatro en cinco idiomas, entre ellos el yiddish, con estupendos actores. Leer casi al mismo tiempo que en Londres, París o Roma las novedades literarias, porque en Buenos Aires una de las formas previas de todo proceso de culturación era leer no menos de cuatro idiomas. Había también el "tono" de gran ciudad cosmopolita. Y uno podía beneficiarse de todo ello sin desfigurarse, incluyéndolo instrumentalmente en su ser sin alteración esencial...

(Entrevista a Blanco Amor realizada por X. Costa Clavel l e publicada en Tele-Exprés o 19-3-75)

Tratou a figuras de relevo como Alfonso Reyes, Jorge Luis Borges, Ernesto Sábato, Leopoldo Lugones e Horacio Quiroga e, factor importantísimo, viviu intensamente a realidade triste e dolorosa da emigración galega que apousentara en Buenos Aires a poboación máis numerosa de Galicia —uns 400.000 habitantes de orixe galega—. Isto dará lugar a varias empresas socio-culturais relacionadas co mundo galaico coas que Blanco Amor se comprometerá durante o decenio dos anos vinte.

En 1923 fundou a revista literaria en lingua galega Terra ,da que tamén foi secretario de redacción, e, máis tarde, xunto con Ramón Suárez Picallo e Eliseo Pulpeiro, Céltig a ,revista ilustrada. Taballou como redactor da revista Galicia ,que editaba o Centro Galego de Buenos Aires, e dirixiu durante catorce anos o periódico da Federación de Sociedades Galegas , ademais de ter axudado activamente á súa organización, que, en principio, contaba nada menos que con catorce sociedades diferentes.

IMAXES