A Etapa Contemporánea (S. XX)
O neotrobadorismo. Fermín Bouza-Brey
O Neotrobadorismo

A denominación " neotrobadorismo " surxe ligada á poesía de Fermín-Bouza Brey e á publicación da súa Nao Senlleira. Foi Manuel Rodrigues Lapa, grande estudioso da nosa lírica medieval, quen así bautizou e definiu este movemento, na carta que como acuse de recibo do libro dirixe ao seu autor:

Fermín Bouza Brei

"O meu amigo é na Galiza o chefe dum movimento lírico a que se poderia chamar neo-trovadorismo, que utiliza com perfeição o ritmo das velhas e lindas cantigas de amigo".

Esta denominación vai xeneralizarse a partir dos anos cincuenta, impóndose sobre outras, para acabar por converterse na etiqueta definitoria do quefacer poético de, entre outros autores, Fermín Bouza-Brey.

Cando falamos do neotrobadorismo estamos a aceptar unha etiqueta convencional para caracterizar un conxunto de textos compostos nun abano temporal moi amplo, que iría desde a década de dez ata a nosa rigorosa contemporaneidade. Por isto resulta especialmente difícil realizar unha caracterización aplicábel a todo ese conxunto textual, porque cada texto (ou, cando menos, un conxunto deles) se insere nun momento histórico específico e se relaciona cunha determinada produción literaria, de maneira que as coordenadas non son as mesmas, obviamente, para un texto escrito nos anos vinte que para outro escrito nos sesenta.

IMAXES