Etapa Medieval
Caracterización xeral. Cantigas de escarnio e maldicer
A Lírica Medieval

Entendemos por lírica medieval un conxunto de composicións poéticas ( corpus )que comprende arredor de 1680 textos profanos e 420 relixiosos. Estas composicións (cantigas) foron escritas nunha lingua común (koiné) galego-portuguesa ao longo de máis de 150 anos, nun período que abrangue de fins do século XII a mediados do século XIV. Chegaron ata nós recollidas en enormes manuscritos ( códices ) que coñecemos co nome de Cancioneiros

A existencia desta literatura, rica e culta, descubriuse tardiamente, a comezos do século XIX, cando foron atopados os códices que conteñen a lírica profana. Esta descuberta provocou unha grande conmoción nos círculos intelectuais porque significaba que unha lingua actualmente marxinal e periférica como a nosa, tivera unha literatura e unha cultura totalmente desenvolvida nunha época moi recuada no tempo. A lírica galego-portuguesa unicamente era comparábel á poesía trobadoresca occitana, que floreceu entre os séculos XII e XIII, na Provenza, ao Sur de Franza, e que estaba escrita en provenzal.

O feito de que a poesía provenzal nunca estivese perdida e de que estivese xa moi estudiada cando se coñece a nosa, levou os eruditos e investigadores a incidiren sobre todo nas semellanzas que había entre elas e a consideraren a nosa como unha continuación ou reprodución da provenzal.

A lóxica máis element al levou axiña a considerar desaxeitada esta teoría por moitas razóns. Os transportes máis rápidos na Idade Media eran o cab al o e o barco de ve la , as vías de comunicación máis perfeccionadas non pasaban de camiños de carro e os únicos "comunicadores" con que contaba a sociedade feud al eran os xograres e xograresas, homes e mul leres que camiñaban de lugar en lugar entretendo a xente con cantos, conto s e números máis ou menos circenses.. Pensar que desta maneira se chegou a reproducir en G al iza toda unha literatura tan complexa como a trobadoresca, non parecía demasiado críbel. Era evidente que había re la ción entre ambas, mais iso non significaba que a g al ego-portuguesa fose unha copia da provenz al .

A cultura trobadoresca é un fenómeno moi complexo que se produce cando a sociedade feud al , baseada na guerra e cunha economía de autoconsumo, chega a producir excedentes que, al canzada a paz, permiten aos grandes señores vivir con luxo e substituíren os rudos exercicios propios da vida en guerra, como as xustas ou to rn eos, por entretementos de s al ón, de corte señori al . A esta mellora nas condicións de vida haberá que engadir unha serie de elementos culturais de diversa procedencia para que se produza a cultura trobadoresca.

As circunstancias apuntadas no parágrafo anterior (mellora económica, paz e cruzamento de elementos culturais) danse tanto nas cidades libres da Provenza como en Santiago de Compostela e, por tanto, será nestas dúas zonas da Europa medieval onde se produza a lírica trobadoresca. Máis tarde, as condicións políticas da Provenza e de Galiza levan a que os nosos poetas coincidan cos provenzais nas cortes de León e Castela e asimilen unha serie de elementos da lírica provenzal adaptándoos á súa peculiar idiosincrasia.

 

As condicións económicas de que falamos antes prodúcense na Provenza a finais do século X, cando xa libre a zona do perigo sarraceno, o aumento do comercio nos portos permite o ascenso dunha burguesía urbana que xera un período de progreso e riqueza. Créase unha organización política especial baseada en pequenas cortes independentes, en que os grandes señores, os Condes, poden vivir nun ambiente de luxo que non se dá nesa época en ningún outro lugar de Europa.

Na Galiza, como xa vimos, a Compostela do século XII reúne as condicións socio-económicas e culturais necesarias para que floreza tamén unha cultura trobadoresca. Evidentemente, a situación de Galiza non ten nada que ver coas refinadas cortes provenzais, mais Compostela, afastada das frontes de guerra, convertida en centro de peregrinaxe da Europa medieval e capital dos reinos cristiáns occidentais, permite un grande desenvolvemento cultural.

Os poetas desta primeira fase da nosa lírica ( xograres e segreis )que se desenvolve en Compostela, combinan, para crearen as súas cantigas, elementos tornados da tradición popular con outros tirados da música eclesiástica e da poesía latina culta. Nace así o xénero literario que caracteriza en exclusiva a nosa literatura medieval, a Cantiga de Amigo .Neste tipo de composicións, postas en boca dunha muller, fican reflectidos a paisaxe galega e o seu mundo doméstico. A fins do século XII e polo Camiño de Santiago, chegarían a Compostela algúns trobadores occitanos dando lugar aos primeiros contactos entre as dúas líricas.

Esta poesía, refinada e culta, unicamente pode vivir nas cortes, baixo a protección dos poderosos, únicos que poden pagar os servicios dos xograres e dispoñen de lecer para escoitaren as composicións dos trobadores. Pero en Galiza hai unha única corte, a do rei, e cando Fernando III a despraza de Compostela a Castela, parten con ela ou marchan a Lisboa. Nas cortes de Castela vaise producir o contacto definitivo entre a lírica galego-portuguesa e a provenzal.

As persecucións a que se viu sometida a chamada "herexía cátara", que florecía na Provenza, deu lugar ás guerras al bixenses que remataron coa destrución da cultura provenz al e levaron á diáspora os homes que crearan a poesía trobadoresca occitana. Os últimos trobadores occitanos tiveron como refuxio as cortes peninsu la res e it al ianas. E así, a decadencia e desaparición da lírica provenz al , datada a comezos do século XIII, coincide co esplendor da g al ego-portuguesa.

Cómpre lembrarmos tamén que a lírica medieval era literatura destinada ao canto, literatura oral, e que cando se recolle por escrito para formar as grandes colectáneas que coriecemos co nome de Cancioneiros (fins do XIII), a nosa lírica é xa unha poesía madurecida, completa, e está tan recuado no tempo aquel período en que non coñecía a influencia provenzal, o período de Compostela, que sería moi difícil para os recompiladores achar as cantigas dos primeiros trobadores.

IMAXES