As revoltas de Castrelo de Miño

1965

FENOSA, que conseguira anos atrás a concesión da "Explotación Integral del Río Miño", comeza a súa explotación hidroeléctrica co embalse dos Peares, inaugurado en 1955, ao que seguen o de Belesar en 1963 e o de Velle en 1966. Os plans da empresa continuaban coa construción augas abaixo dos de Castrelo de Miño, Frieira e Sela.

Nos anos sesenta, en Castrelo de Miño foron os primeiros en mobilizarse contra a construción dun encoro, o seu motín, que comenzou coa "rebelión dos fouciños" das mulleres, cambiou o curso da historia recente do país. Unha mañá, as mulleres baixaron por entre as uveiras cos seus fouciños en alto e dirixíronse á gorxa onde se construía a presa. A "marcha dos fouciños", como a denominaron a partir de aí, non foi demasiado lonxe, porque a garda civil detívoa antes de de puidesen chegar ó seu obxectivo, pero alertou as autoridades e a Fenosa -a compañía coonstrutora do encoro- de que as augas, desta volta, podían desbordarse. Corría o ano 1965 e a revolta de Castrelo non facía máis que empezar.