Nacemento de "Fuxan os Ventos"

1972

Fuxan os ventos é un grupo musical galego formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.

Fuxan os Ventos o grupo galego cun alto compromiso social da época que máis éxito acadou, chegando non só a intelectualidade galega vencellada a canción protesta e os cantautores senón tamén a Galicia de orixe rural.

O seu repertorio inicial elaborárono a partir da música folk universal, inclinándose cada vez máis cara á música popular galega, recollendo cantigas dos vellos e vellas dos lugares e incluíndo temas de composición propia. Consonte o período no que estiveron activos (devalar do franquismo e transición española), foron adquirindo un compromiso social que se plasmou na incorporación da canción protesta e de poemas doutros autores, nunha liña de oposición á ditadura e de reivindicación dun pobo, un idioma e unha cultura propia.

Como principais características destacan, sen dúbida, a presenza da voz e as letras das cancións. As letras, ben propias ou de poetas galegos, abrangueron temáticas moi amplas: foron en ocasións reivindicativas (temas como a emigración, a Autonomía, a ecoloxía, a pobreza...) ou recolledoras dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo. En ocasións ambos os dous aspectos mesturábanse, aínda que por pola época só o feito de cantar en galego podía ser xa un xeito de reivindicación.

FOTOGRAFÍAS