Xogos Florais

1861

Os Xogos Florais naceron co obxectivo de converterse no instrumento acaído para afortalar o uso do idioma e ampliar a creación literaria en galego.

Os primeiros Xogos Florais tiveron lugar na cidade da Coruña, en 1861. Partiron dunha idea orixinal de Antonio de la Iglesia (e do mecenádego de Xosé Manuel López Cortón), aínda que baseados no antecedente dos Jocs Florals de 1859, celebrados en Barcelona .

O primeiro poeta premiado nos Xogos Florais (A Coruña, 1861) foi Francisco Añón, cun único traballo en galego, titulado "A Galiza ", un texto de exaltación da terra, celebrada na beleza da paisaxe, no soño profético e na evocación mítica dos seus fillos ilustres, dos que a memoria colectiva esculpiría os nomes sobre as pedras do monte Pindo, frente ao mar da Costa da Morte.  Os traballos galardoados foron publicados no Album de la caridad, a primeira escolma de poesía contemporánea. Complemento ao Album de la Caridad foi un "Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos", en que aparecen publicados poemas de Pondal e Rosalía de Castro. Posteriormente, celebráronse Xogos Florais, integramente en galego, en Ourense (1877) e en Tui (1891).

Integrantes
Añón Paz, Francisco (1812) - (1878)
Pondal, Eduardo (1835) - (1917)