Agrarismo

1907 (1907 - 1916)

O agrarismo é a máis activa entre as forzas sociais de comezos do século XX. Primeiro a través das Sociedades de Labradores y Ganaderos e máis adiante por medio do Directorio de Teis (1907), as Asembleas de Monforte e Ribadavia (1908, 1910, 1911, 1912), alentadas por Solidaridad Gallega,e entre 1912 e 1915 nucleado arredor da Liga Agraria de Acción Gallega. Sen embargo limitará a súa actuación á loita contra o foro e o caciquismo e a reivindicar a modernización do sector agrario galego. A ambigüidade do movemento ante o problema nacional fica patente tanto no programa como na súa figura carismática: o punto sétimo do programa afirma que "la Liga de Acción Gallega manifiesta su absoluta independencia de toda política que no sea esencial y exclusivamente gallega", o que unido a outras proclamas situarían dentro do campo do galeguismo. Tanto é así que nas confusas datas de 1913, cando non hai nutro horizonte a que asomarse, Basilio Álvarez consegue chamar ao seu campo a mozos que andando os anos han ser impulsores do nacionalismo renovado.

FOTOGRAFÍAS