Grupo ou Xeración "Nós"

Primeiro terzo do século XX (1920 - 1936)

Os escritores que coñecemos coa denominación de Grupo Nós, cronoloxicamente, forman parte da xeración das Irmandades da Fala. A súa dedicación abarcou a maior parte dos xéneros literarios, así como outros campos da cultura, mais foron os que, dentro desta xeración, se centraron máis na elaboración dunha alta cultura que actualizase a galega e que a puxese en sintonía coas culturas europeas do momento. O prestixio adquirido por eles foi tan grande que escritores máis vellos (Cabanillas, Noriega...) se verían influídos por eles e pasarían a colaborar nas súas actividades. E esta ascendencia manterase na seguinte xeración (de vanguarda ou do Seminario de Estudos Galegos) e aínda na posguerra e na actualidade.

Dentro do Grupo Nós inclúense Vicente Risco, Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Florentino L. Cuevillas e, en parte, Castelao.
A este prestixio literario e cultural haberá que engadir o seu carisma e a súa actuación política, primeiro nas Irmandades da Fala, logo no Partido Galeguista e, despois da Guerra Civil, desde o exilio (Castelao) ou desde o silencio obrigado do interior (Otero).
O nome Nós provén da revista que publicaron, aínda que a palabra “Nós” aparece noutras obras do grupo: Album Nós de Castelao, Nós, os inadaptados de Vicente Risco. De calquera maneira, “Nós” converteuse nunha palabra clave na caracterización da vida socio-cultural galega desde 1920 á Guerra Civil, por canto “Nós” é o resume, o compendio, do espírito de autoafirmación colectiva que aparece co nacemento do nacionalismo.

FOTOGRAFÍAS
Integrantes
Castelao (1886) - (1950)
Otero Pedrayo, Ramón (1888) - (1976)
Risco, Vicente (1884) - (1963)
Publicacións