Cándido Branco e o Cabaleiro Negro

1992
candido_branco_e_o_c.jpg

Cándido Branco xa estaba canso de camiñar, e decidiu pasar a noite ó raso por aforrar o diñeiro da pousada e a fatiga de chegar a ela. Escolleu un sitio que lle pareceu xeitoso, ó abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba. Aínda faltaba un bo pedazo para a noite.O mar estaba tranquilo e brillaba baixo os inxergados raios, do sol. Aló abaixo, na pequena baía ó pé dos penedos, había un dragón varado na area.