De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo

2001
27.351.jpg

Manuel Antonio só publicou en vida o poemario De catro a catro . O resto da produción poética publicouse en revistas e xornais, como Ronsel ou A Nosa Terra, aparecendo a primeira edición da poesía completa en 1972.

Desde Con anacos do meu interior pódese observar a presencia de trazos vangardistas, como a tipografía expresiva, a superposición de imaxes, a orixinal adxectivación, os xogos caligráficos e a ausencia do anecdótico e do descritivo, ademais dos motivos temáticos que acadarán a súa máxima expresión poética en De catro a catro : o mar, o barco, a noite, o pesimismo fatalista, o tempo e a morte. A visión que do mar nos ofrece Manuel Antonio é completamente orixinal na nosa literatura. Se nos antigos poemas medievais aparecía un mar non descrito como realidade física, senón invocado, o mar vangardista é abstracto, lonxe de toda representación física, existencial e como realidade interior do poeta, que resume en si mesmo a idea do naufraxio presente en toda a poesía manuelantoniana.

FOTOGRAFÍAS
UNIDADES DIDÁCTICAS
O Vangardismo
Autoría
Manuel Antonio (1900) - (1930)
Libro dixital