Dicionario de mulleres Galegas

2775-thickbox_default-dicionario-de-mulleres-galegas-2775-e14697407619051.jpg

Nesta obra compilatoria están todas as mulleres que fixeron contribucións á sociedade, en diferentes ámbitos, exercendo o seu traballo, tan importante como o de moitos homes que si figuran en enciclopedias e historias da literatura ou das artes. Elas estaban ausentes por esa tradición secular que excluíu as mulleres da historia. O dicionario nace co afán globalizador de recuperar todas as traxectorias femininas que deben ficar en letra impresa.

Escritoras, pintoras, músicas, médicas, arquitectas, redeiras, percebeiras, mulleres que xa na Idade Media se adicaban ao comercio marítimo, deportistas… E non digamos xa as que tiveron relevancia na guerra do 36 e na posguerra: sindicalistas, militantes de partidos, guerrilleiras, enlaces da guerrilla… O abano procurou a totalidade.

Autoría