O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

1958
o_incerto_senor_don_.jpg

O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca foi escrita por Cunqueiro seguindo a tendencia europea do teatro de mitos (recrear mitos históricos que encarnaban algunha idea abstracta, facendo que a interpretación deses mitos se adaptase á sociedade actual). Cunqueiro toma o mito de Hamlet (príncipe histórico-lendario da Dinamarca do século I, que sería inmortalizado por Shakespeare) e fai del unha reinterpretación  influído por Freud. Cunqueiro mestura o mito nórdico de Hamlet  co clásico de Edipo e introduce substanciais variacións: Hamlet non é fillo do seu pai lexítimo, senón do seu tío, o asasino e usurpador do trono.

Os personaxes están postos en situacións límite, sometidos a profundas dúbidas entre sentimentos enfrontados: o amor, a ambición, a vinganza...

FOTOGRAFÍAS
Autoría