Consello da Cultura Galega

Mil novecentos oitenta e tres (1983) Institución

O Consello da Cultura Galega é un organismo previsto no artigo 32 da Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia. Por conseguinte, a súa creación deriva do antedito mandato estaturario. En 1983, o Parlamento de Galiza aproba a a Lei 8/1983, de 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega e no ano 2008 verá a luz o  Decreto 162/2008, de 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega.