O Galo

Mil novecentos sesenta e un (1961) Asociación

A Agrupación Cultural O Galo é unha asociación cultural nada en Compostela no ano 1961, polo pulo duns mozos nacionalistas, foi unha das primeiras en aparecer e é neste intre a máis vella das agrupacións culturais galegas que continúan coa súa actividade, feito que foi recoñecido no ano 2.000 coa entrega da medalla de prata do Concello de Santiago de Compostela ao mérito cultural.

Como outras agrupacións culturais galegas foi un importante centro de difusión do nacionalismo en Compostela, aínda coas fortes limitacións que impuña o réxime que só permitían manter unha apariencia folclorista e apolítica, en todo caso, limitacións que se foron sorteando.

A laboura da Asociación Cultural O Galo foi sempre de rehabilitar, restituír e normalizar a cultura, a historia e a lingua de Galiza. A través de diversas actividades, entre as que destacan ademais de conferencias, charlas e exposicións, a “campaña do peso” para instituír o premio de Teatro Castelao en 1961, as campañas realizadas pola normalización da nosa lingua, e os intentos de recuperar o entroido e outras festas propias de Galiza e de Compostela, o nacionalismo galego contou cunha importante ferramenta de recuperación da nosa dignidade colectiva.

Entre as campañas iniciadas polo Galo destaca a da apertura do Panteón Real da Catedral de Santiago onde se atopan soterrados varios reis de Galiza

 

FOTOGRAFÍAS