A Trabe de Ouro

1990, Revista, Vigo

A Trabe de Ouro, subtitulada Publicación galega de pensamento crítico e editada por Sotelo Branco Edicións comezou a publicar no ano 1990 con periodicidade trimestral. Dedica as súas páxinas a artigos de análise sociopolítica e pensamento, publicación de textos literarios inéditos e crítica de libros, a actualidade cultural.

O seu director é o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín e no seu Consello de Redacción figuran profesores, novelistas, poetas e xornalistas que abarcan un amplo abano xeracional e un variado catálogo de intereses intelectuais.

Os seus colaboradores pertencen a estes mesmos ámbitos da cultura, estando entre eles algúns dos máis importantes pensadores e filósofos contemporáneos.

FOTOGRAFÍAS