Arquivos

1928, Revista, Santiago de Compostela

Os Arquivos do Seminario pretendían ofrecer unha escolma do labor que viñan facendo os membros da agrupación. Son tamén un xeito de dar a coñecer o Seminario e recadar o apoio dos benfeitores, como expresa Salvador Cabeza de León, Presidente do Seminario, no prólogo ao primeiro tomo dos Arquivos:

Se a chamada que facemos non soa en corazós valdeiros; se consiguen nosos Arquivos agrillar a xenerosidá de cantos simpaticen coa laboría do Seminario, este fará de sí e coida saberá corresponder dinamente á proteición que lle otorguen os seus valedores.

O primeiro volume dos Arquivos do Seminario imprimiuno Leandro Carré no obradoiro da rúa da Franxa. Está datado en 1927 mais non saíu da imprenta até 1928.

 

FOTOGRAFÍAS