As Roladas

1922, Revista, Madrid

 As Roladas: folla dos rapaciños galegos, foi unha revista infantil escrita enteiramente en galego e posta en marcha desde Madrid por Ramón Cabanillas, quen nomeou esta publicación igual que a entidade escolar infantil galega que el mesmo impulsaba. Impresa en Madrid na editorial Ibérica, foi o primeiro intento de facer unha revista infantil en galego Tivo unha vida moi breve, xa que constou de só dous números correspondentes a maio e xullo de 1922.

FOTOGRAFÍAS