Cadernos da Escola Dramática Galega

1978, Revista, A Coruña

Editados coa finalidade de difundir as pezas teatrais máis relevantes ou significativas da literatura galega, baixo a dirección de Francisco Pillado e Manuel Lourenzo eran unha publicación periódica de textos e materiais teatrais en lingua galega que viu a luz por primeira vez en maio de 1978. Xurdiu como unha iniciativa da Escola Dramática Galega e foi impulsada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Maior. Continuaron baixo o nome Cadernos de Teatro a partir de 1994. Axudaron para converter o teatro galego nun teatro “nacional” e á “normalización” do teatro en galego, suxerindo así liñas estéticas e temáticas.

FOTOGRAFÍAS