Don Saturio, boletín informativo do teatro galego

1980, Revista, Ferrol

En 1980 ven a luz dúas publicación periódicas sumamente interesantes: Don Saturio, boletín informativo do teatro galego, dirixido por Celestino Ledo López, en Ferrol; e Cadernos do Espectáculo da Compañía Luís Seoane, dirixida por Francisco Pillado Mayor, na Coruña. Esta última ofrecía, ademais de toda a información posíbel sobre as montaxes que o grupo realizaba, o texto íntegro da obra representada: Dous perdidos nunha noite suxa,do brasileiro Plinio Marcos; As criadas,de Jean Genet, en tradución de Frco. Pillado e Manuel Lourenzo; A casa das tres lúas, guión de Manuel Lourenzo con textos de Otero Pedrayo; A noite dourada de Mimí de Cora,de M. Lourenzo; e mais A esperar por Godot,de Samuel Beckett, en tradución de Frco. Pillado

FOTOGRAFÍAS