El Noroeste

1918, Xornal, A Coruña

 De grande relevancia foi o suplemento "Terra a Nosa", que comeza a publicarse no ano 1919 na cidade da Coruña, baixo o subtítulo de Biblioteca Popular Galega. Nesta primeira colección atopamos xa varios dos requisitos enunciados por Eduardo Zamacois para este tipo de publicacións: formatos pequenos (aproximadamente 14'5 x 10 cm.), cunha periodicidade de tres veces ao mes e cun custo económico moi accesíbel (10 céntimos). A tiraxe situábase en torno a uns 5.000 exemplares, cifra nada desprecíbel de termos en conta a época de que estamos a falar e, sobre todo, o contexto cultural onde a lingua galega se atopaba moi infravalorada e marxinada. Nesta publicación periódica vaise editar fundamentalmente narrativa, mais tamén teatro e poesía. O éxito da proposta, canto á acollida polo público e a prensa, foi moi satisfactorio,

FOTOGRAFÍAS