El Porvenir

03/02/1845, Revista, Santiago de Compostela

1 de setembro de 1845 decrétase o peche do xornal El Porvenir que aparecera o 3 de febreiro dese mesmo ano. Levaba como subtítulo Revista de la Juventud Gallega e na na súa cabeceira rezaba o lema Todo para Galicia. Estaba dirixida por Antolín Faraldo, sendo os seus redactores Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa, aínda que apareceron colaboracións como as de Casares, Balaguer, Amado, Rubine ou Carolina Coronado. O xornal de Faraldo imprimíase en Compostela, na imprenta familiar dos Compañel. Saíron á rúa 14 números, o último deles é o do 28 de agosto, sendo pechado por decisión política gobernativa. Poucos días despois Faraldo, Romero e Rúa espallan un breve manifesto en medios afíns como Eco del Comercio ou El Clamor Público, en que denuncian a inxustiza. Por algúns artigos de Ramón de la Sagra é considerado para certos investigadores o primeiro  periódico anarquista do mundo.

FOTOGRAFÍAS