La Provincia

1923, Xornal, Lugo

La Provincia foi un xornal editado en Lugo entre 1923 e 1928. Subtitulado Diario de información y de intereses generales, apareceu o 31 de maio de 1923. Imprimíase nos talleres de El Norte de Galicia ao que substituíu como órgano conservador de Lugo. Dirixido por Nilo Fernández Castro e despois por Manuel Amor Meilán, contou coas colaboracións de Francisco Camba (que publicou en folletín a súa novela O terruño), Ánxel Fole (que publicou o seu primeiro artigo con motivo do terceiro centenario da morte de Góngora), Manuel Vázquez Seijas, Manuel Mato Vizoso, Evaristo Correa Calderón e Luis Soto Menor.

FOTOGRAFÍAS