La Tierra gallega

08/04/1894, Xornal, La Habana

La Tierra gallega foi un semanario editado en La Habana e dirixido por Manuel Curros Enriquez . Editouse entre 1894 e 1896. O 8 de abril de 1894 ve a luz “La Tierra Gallega”, periódico bisemanal de “intereses regionais”,  fundado na Habana por Manuel Curros Enríquez.

Incluía temas políticos, científicos e poesías en galego, entre outros de Curros, Rosalía, Añón ou Lugrís Freire.  Na editorial do primeiro número, Curros Enríquez reflexiona en ton pesimista sobre o exercicio da literatura e o xornalismo, ao tempo que critica o réxime político emanado da Restauración española, caracterizado polo caciquismo e o centralismo.

FOTOGRAFÍAS