O Galiciano. Parola galega

08/08/1884, Xornal, Pontevedra

O 8 de agosto de  1884 aparece o periódico O Galiciano, subtitulado Paróla Gallega e editado en Pontevedra. Publicábase os días 1, 8,15 e 23 de cada mes, estaba escrito enteiramente en galego e saía catro veces ao mes coincidindo coas feiras e mercados. Dirixiuno, na primeira etapa, Rufino Rivero; na segunda, Roxelio Lois; na terceira, co Novo Galiciano, Rodríguez de Cea, e tivo un proseguimento na Tía Catuxa de Portela Pérez.

Estes Xogos Florais de Pontevedra marcan un novo pulo para a prosa.

FOTOGRAFÍAS