Rexurdimento

01/08/1922, Revista, Betanzos

O 1 de agosto de 1922 sae do prelo o primeiro número da revista Rexurdimento. Editada en Betanzos entre 1922 e 1923 estaba dirixida por Salvador Mosteiro Pena e xunto con Céltiga en Ferrol e Alborada en Pontevedra aparecerían como importantes publicacións galeguistas. Rexurdimento incluía temas sociopolíticos, crítica literaria e unha sección de noticias de Portugal e Irlanda. Tamén incluía recensións e colaboracións literarias de nacionalistas betanceiros. Con respecto á lingua a revista expón as ideas reintegracionistas de Mosteiro. En xaneiro de 1923, suspendida a publicación nos dous últimos meses do ano 1922 polo traslado de Mosteiro, reaparece como órgao oficial da Irmandade Nazonalista Galega, liderada por Risco.

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS