Vallibria

1930, Xornal, Mondoñedo

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu até 1940. Contou como colaboradores como Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, José Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Álvaro Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra Civil española, o 25 de xullo de 1936, durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.

FOTOGRAFÍAS