Criptografías

2022
1667818274369criptografias.jpg

Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos(Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética.

En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética.

Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despoislibrosconversos –que reunía versos de 40 poetas– e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual.

Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos que foron escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.

O criptopoeta é como as andoriñas:
nunca pousa na realidade
e dorme só
coa metade do cerebro.