Estadeíña

1919
estadeinha1.jpg

Bastián, mozo empresario da mariña, rolda a Rosiña, unha rapaza da mesma aldea e tamén empresaria que, porén,o rexeita e permanece fiel á memoria do seu prometido, Xurxo, desaparecido no mar. Toniño, irmán deste, argalla unha falsa estadea (Santa Compaña) do espírito de Xurxo para escorrentar a Bastián de xunta Rosiña. A obra remata co regreso de Xurxo, quen sobrevivira de milagre ao afundimento do seu vapor, e coa unión final dos amantes.