Tortillas para os obreiros

1996
tortillas_para_os_ob.jpg

Fran Alonso consolídase con este libro como unha das voces  máis activas e interesantes do panorama literario galego na actualidade.    Tortillas para os obreiros manexa unha estructura narrativa binaria que  combina, a un tempo, o relato poético de dúas historias paralelas sen máis puntos en  común que as tortillas e unha fiestra de hospital sobre a ría. Nos poemas que  conforman a Secuencia A, unha muller desprázase en barco de Cangas a Vigo onde  traballa facendo tortillas nun bar frecuentado por obreiros. Nos textos da Secuencia B, asistimos, desde o seu cuarto hospitalario, ao difícil tránsito cara á morte dun enfermo  en fase terminal. (...) Estes dous personaxes contrapostos, muller e home, que nos falan de  realidades diverxentes e sen relación están unidos por un fío ténue. (...) Na cidade, hai dúas vidas que esmorecen. Unha pechada na esterilidade da  súa existencia, outra na morte que coloniza o seu corpo. Unha explotada en todos os  ámbitos –persoal, laboral–, outra desafiuzada ata de si mesma e do seu corpo. Dous  seres que respiran aire de borralla e maldicen o seu destino. 

Teresa Seara, A Nosa Terra
 

Autoría