Un mar de sensacións

2012
t_1517592462379Un_mar_de_sensacions.jpg

Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte é un compendio de rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte. Do trazado e estudo dos traxectos reais, primeira parte do libro, ocúpase o autor Xan Fernández, mentres que Rosalía escribe as paralelas viaxes literarias que se recollen ao final do volume. Dese xeito, o lector (day-tripper, yeah) pode "atoparse" na xeografía deste recuncho Atlántico ao tempo que se perde entre paisaxes poéticas e experiencias oníricas. Sempre singrando en círculo, en travesías sen principio nin fin.