Vilancico

Os vilancicos son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.

EXEMPLOS

Meu meniño, miña perla,

non botes, non, tantas bágoas;

se un galego achas de menos,

outro galego che canta

(Lois Corral)

 

 Ese neno que tembrando
entre unhas pallas está,
que ten por berzo un pesebre
por rexio pazo un portal,
é o esperado das xentes,
o prometido de Abrahan,
e agoirado dos Profetas,
o novo, o endiosado Isá.

Os bois e vacas na corte  
muxen cando as doce dan
recaen de folgo os cabritos
os cais póñense a ladrar
kucurucú, canta o galo;
as polas, kacaracá;
kiquiriquí fan os polos
e os años bababááá...

Non ben escuitan as campas
alegres repenicar,  
veñen xentes do contorno
ao Neno Dios saludar,
e nesta Babel ruidosa
todos se queren folgar
de que viñese o Mesías
á humanidade salvar.

Hoxe non é noite de durma,
que é noite de Navidá,
noite de oír ao Roxiño
e seu compinche trinar
unha festiva muiñeira
de estrumentos ó compás,
entre eles a frauta dulce
que o tío Xavier vai chifrar.

(Xacinto Romualdo López)